| 01/08/2008 | Feitoamán | 20h | de balde | A Asociación Cidade Vella de Compostela, á que pertence o Modus Vivendi, está a organizar unha nova edición de Feitoamán, o festival de música, teatro e danza que acontece todos os veráns nas prazas de Santiago. Durante todo o mes de agosto poderedes gozar de balde da cultura viva que fomentan os locais de hostalaría da nosa cidade. Este ano integramos a nosa actividade dentro do Festival dos abrazos. Consultade o programa na súa web. |
|