| |
 |
|
|
| |
|
|
|
| |
* |
|
|
| |
|
|
|
|
· ·
·
·
·
·
| 70 80
90 2006 10
20... |
 |
|
|

| O
primeiro pub que se fundou en Galiza | |
|
| l
Non deberiamos rematar esta reseña
sen falar da participación deste local,
na fundación da Asociación Cultural
Cidade Vella, na que ainda participamos activamente,
e que tanto tivo que ver nas últimas
duas décadas no protagonismo compostelán
na cultura galega, e nos momentos fundacionais
das suas figuras relevantes (Festival internacional
de folk, Feito a man, O doce ritmo das pedras...)
|
|
|
l
Co comezo da década dos setenta, comeza tamén
a singradura do pub Modus Vivendi, que dura
até hoxe; nace sendo unha lenda, xa que é
o primeiro pub que se fundaba en Galiza, e atravesa
3 etapas marcadas polas distintas persoas, que tiveron
a honra de pilotar esta nave. Nos 70, Antonio, o
fundador, imprimiulle o carácter e a personalidade,
que se afianzarían con Lalo nos 80 e 90,
convertindo ao Modus, no referente nocturno, e tamén
nun referente da cultura alternativa (como exemplo,
hai que dicir que o Modus convírtese nun
momento determinado, na primeira galeria de pintura
independente da cidade).
Xa agora, no século
XXI, os que agora recibimos a honra de continuar
esta aventura, trataremos de que o Modus siga estando
na vangarda, sen que deixe de ser un clásico.
Se nestas 3 décadas e media, hai algo que
define ao Modus, probablemente sexa a achega da
vida cultural (a música, o teatro, a pintura,
a literatura...) á noite. Infinidade de figuras
pasaron pola nosa cabaleiriza; figuras do noso país
coma Berrogüeto, Budiño, Uxia
Senlle, Carlos Blanco... , pero tamén
inesquecibeis visitas coma as de Tete Montoliu,
Sexy Sadie, Mick Taylor, ex-guitarra
dos Rolling Stones, e un longuísimo
etcetera.
|
|
| |
|
|
|