Move: revista do Pub Modus Vivendi

revista independente do modus vivendi

   03

   move : revista cultural
              arte

   inicio

música

  audiovisuais

arte

teatro

literatura

   opinión

  revista move
    portada
    arquivo
    pesquisa rápida
      mira con nos
  barra de menus  

pub modus vivendi
axenda
concursos
prensa
álbum fotos
libro de visitas
ligazons
contacto

      lista de novidades
 
 move arte

Efemérides, 1972. Hannah Höch.
arte
Hannah Höch (1889-1978), ou HH, como ela firmaba as súas obras, é unha das poucas mulleres que se pode gabar de ter participado de xeito fundamental no movemento vargardista do Dadá berlinés (1918-23). Parella de Raoul Hausmann durante aquel tempo, non só contribuíu á creación da fotomontaxe como técnica artística direccionada á protesta social, senón que a dignificou coma arte durante toda a súa vida, experimentando a través dela a enorme vontade expresiva que a caracterizaba.
HH pasará á historia vinculada ao dadá, á fotomontaxe e ás reivindicacións femininas, pero a súa vida e a súa obra é moito máis completa que isto, caracterizada pola multidisciplinariedade, a enorme capacidade de inventiva e a renuncia a adscribirse a ningún dogma. A pesar disto, ou precisamente por elo, HH foi esquecida sistematicamente pola crítica e relegada, coma tantas outras mulleres artistas, a un papel de consorte nos logros das súas afamadas parellas masculinas. O testemuño de Hans Richter na súa “Historia do dadaísmo” dá calafríos só con lelo: despois de calificar a Höch coma un “peso liviano” dentro do dadá, sitúa o seu maior talento en conseguir sándwichs e cervexa para as reunións do grupo en tempos difíciles.
Só na segunda metade do s.XX fíxose algo de xustiza con esta creadora contemporánea, a raíz da chamada “segunda vaga feminista” e co rexurdimento da fotomontaxe coma medio artístico (a obra de Martha Rosler nos 70´s dá boa fe disto).
O seu “Retrato dunha vida”(1972) resume do xeito máis consecuente (a través dunha fotomontaxe) a vida desta creadora dedicada a innovar, comunicar e reclamar os dereitos daqueles que non os tiñan. Comezando por ela.
▫ ▪ ▫ ▪ ▪ ▫
Escrito por modus vivendi, o Martes, 27 de Xaneiro 2009
Voltar

Imprimir esta páxina imprimir   |   enviar a un amigoRecomendar artigo a un amigo/a

Warning: Division by zero in /usr/home/pubmodusvivendi/www/adminrevista/inc/functions.inc.php on line 256

Engadir comentario
Nome:
E-mail: (opcional)

Emoticons:

smile wink wassat tongue laughing sad angry crying 

| Non lembrar

Máis Arte

▫ ▪ ▫ ▪ move informa, 06 /11 /2009

▫ ▪ ▫ ▪ PAREDEVENTÁ: grafites de Paulo Ito dende Brasil., 28 /01 /2009

▫ ▪ ▫ ▪ SOUVENIR FROM NY, 28 /01 /2009

▫ ▪ ▫ ▪ En tempos de crise..., 27 /01 /2009

▫ ▪ ▫ ▪ Efemérides, 1972. Hannah Höch. , 27 /01 /2009

Artigos por Seccions

Seccions No. artigos
música 4
audiovisuais 3
arte 4
teatro 4
literatura 8
opinión 16

www.pubmodusvivendi.net www.pubmodusvivendi.net | ©2006 pub modus vivendi · praza feixoo, santiago de compostela, galiza | e-mail | aviso legal | deseño web: Amplitud-e