Move: revista do Pub Modus Vivendi

revista independente do modus vivendi

   03

   move : revista cultural
              arte

   inicio

música

  audiovisuais

arte

teatro

literatura

   opinión

  revista move
    portada
    arquivo
    pesquisa rápida
      mira con nos
  barra de menus  

pub modus vivendi
axenda
concursos
prensa
álbum fotos
libro de visitas
ligazons
contacto

      lista de novidades
 
 move arte

SOUVENIR FROM NY
arte
Unha instalación artística que ocupa de xeito permanente un andar completo en pleno SOHO neoiorquino é un auténtico luxo para calquera institución dedicada á arte. Pero a Dia Art Foundation pode permitirse estas cousas: de feito, ten outras 5 instalacións estables deste tipo repartidas por lugares singulares da illa de Manhattan. Pero o souvenir de hoxe fala só do número 141 de Wooster Street:

Abaixo, na rúa, ves só un portón metálico pechado e un interfono que sinala en letras pequenas o nome da fundación. Chamas e alguén abre dende arriba. Sobes 3 pisos por escaleiras estreitas de paredes descascadas. Pensas de feito varias veces se non te trabucarías de lugar. Pero chegas por fin alí, e abres aquela porta, e unha muller de cara simpática sinálache co dedo cara a súa esquerda e ti avanzas uns pasos e atópaste de fronte coa obra de Walter de María titulada “The New York Earth Room”: 197 metros cúbicos de terra negra cubrindo con máis de medio metro de espesor os 335 metros cadrados de chan do apartamento. É difícil describir as sensacións contradictorias que xera un espacio coma este, de paredes brancas e chan terroso, arrecendendo á vida dunha eira despois da choiva, pero tamén ao continente pechado do paquete e a regra.
Hai uns meses uns compañeiros de historia da arte dicíanme que non entendían a Walter de María, pero eu dende este piso do SOHO penso se é que hai algo que entender. Eu dígolle “o pequeno minifundio entre rañaceos”.
▫ ▪ ▫ ▪ ▪ ▫
Escrito por modus vivendi, o Mércores, 28 de Xaneiro 2009
Voltar

Imprimir esta páxina imprimir   |   enviar a un amigoRecomendar artigo a un amigo/a

Warning: Division by zero in /usr/home/pubmodusvivendi/www/adminrevista/inc/functions.inc.php on line 256

Engadir comentario
Nome:
E-mail: (opcional)

Emoticons:

smile wink wassat tongue laughing sad angry crying 

| Non lembrar

Máis Arte

▫ ▪ ▫ ▪ move informa, 06 /11 /2009

▫ ▪ ▫ ▪ PAREDEVENTÁ: grafites de Paulo Ito dende Brasil., 28 /01 /2009

▫ ▪ ▫ ▪ SOUVENIR FROM NY, 28 /01 /2009

▫ ▪ ▫ ▪ En tempos de crise..., 27 /01 /2009

▫ ▪ ▫ ▪ Efemérides, 1972. Hannah Höch. , 27 /01 /2009

Artigos por Seccions

Seccions No. artigos
música 4
audiovisuais 3
arte 4
teatro 4
literatura 8
opinión 16

www.pubmodusvivendi.net www.pubmodusvivendi.net | ©2006 pub modus vivendi · praza feixoo, santiago de compostela, galiza | e-mail | aviso legal | deseño web: Amplitud-e