Move: revista do Pub Modus Vivendi

revista independente do modus vivendi

   05

   move : revista cultural
              literatura

   inicio

música

  audiovisuais

arte

teatro

literatura

   opinión

 
  revista move
    portada
    arquivo
    pesquisa rápida
      lee con nos
  barra de menus  

pub modus vivendi
axenda
concursos
prensa
álbum fotos
libro de visitas
ligazons
contacto

       
      lista de novidades
 
 

 move literatura

Alberte Momán : A crise irredutible
literatura
                                                       A crise irredutible 


          (http://acriseirredutible.wordpress.com)
          Alberte Momán
          ISBN: 978-1-4092-7110-9
          Baixo Licenza Creative Commons
          Edita Lulu.com


Da man do Consorcio Editorial Galego S.A. chega ás librerías do país A crise irredutible, novo libro de poemas de Alberte Momán.



A crise irredutible.- Tres formas de achegarse a unha crise moito máis fonda do que unha falta puntual de efectivo nas entidades de creto. Unha crise que afecta aos valores, sempre cuestionables, de conduta social. A ética do traballo e do respecto polos/as que traballan, polos dereitos fundamentais dos pobos a xestionárense de xeito autónomo, da separación dos intereses económicos dos intereses xerais e unha longa lista que se abre paso entre as páxinas desta outra crise, A crise irredutible. A escrita que describe tres épocas distintas. Unha primeira, aló polo ano 2004, Un agora que non quer saír. A verdade, nunca absoluta, sobre un país que creamos como unha cincenta marcada por
unha feromonía que a corrompe, sempre dende a inocencia dos máis novos, integrada aínda nunha matriz coa que o tempo, nós mesmos a fomos arroupando. Unha cobertura que leva o noso mesmo ADN, aportándolle os nosos mesmos defectos con nome de sempreadeus. A eterna renuncia dun pobo sen estela propia. 

A mediados dun 2008 convulso, buscando unha maneira de expresar a dor por uns acontecementos que superaban toda a racionalidade e coherencia política da presuposta esquerda galega, xorde dun conflito laboral o Síndrome de Estocolmo, a segunda parte d'A crise. Outro tipo de renuncia, desta volta, a toda unha clase. As relacións imposibles como atrainte dun magnetismo insospeitado entre traballador e empresario. Un cambio de visión, por parte do primeiro, recalcitrante, máis burgués que a propia burguesía, menos fillo de labrego que o máis asfáltico urbanita. Un traballador que adopta os canons de comportamento daquel que o mantén debaixo dun sempre hipotético xugo. Da miña cornamenta roma/ sobresae o teu xugo/ alicerce que noutrora nutrira as miñas virtudes. Os comezos deste ano 2009, deron pé ao que eu mesmo considerei unha culminación. As palabras saían das xemas dos meus dedos, evitando a autocensura, para chegar máis alá, para finalizar co traballo comezado anos atrás. Xorde A crise irredutible, última das partes desta crise, e fracción que lle dá nome ao libro. Nela, recóllese un compendio de todo o antedito, mais sen o intimismo propio doutras épocas, para recuncar na crise, nesa crise de anos que nos detivo no tempo, na involución subxacente ás nosas propias decisións como pobo, como traballadores e traballadoras, inmersos nunha globalización que serve de escusa para a eterna derrota, cun desexo asumido de ser como a xente.

Alberte Momán, nado en Ferrol no 1976, é autor de:

O lobo da xente (Premio Narrativas Quentes. Edicións Positivas. 2003)
O alento da musa (Difusora de Letras Artes e Ideas. 2007)
Ferrol e o que queda por chover (Lulu.com. 2008)
Erótica (Premio de poesía Francisco Añón. 2004) Edición en galego-portugués de Lulu.com no 2008
Baile Átha Cliath (Premio de poesía erótica Illas Sisargas. Caldeirón. 2008)




▫ ▪ ▫ ▪ ▪ ▫
Escrito por modus vivendi, o Domingo, 17 de Maio 2009
Voltar

Imprimir esta páxina imprimir   |   enviar a un amigoRecomendar artigo a un amigo/a


Warning: Division by zero in /usr/home/pubmodusvivendi/www/adminrevista/inc/functions.inc.php on line 256

Warning: Division by zero in /usr/home/pubmodusvivendi/www/adminrevista/inc/functions.inc.php on line 256

Warning: Division by zero in /usr/home/pubmodusvivendi/www/adminrevista/inc/functions.inc.php on line 256

Warning: Division by zero in /usr/home/pubmodusvivendi/www/adminrevista/inc/functions.inc.php on line 256

Warning: Division by zero in /usr/home/pubmodusvivendi/www/adminrevista/inc/functions.inc.php on line 256

Warning: Division by zero in /usr/home/pubmodusvivendi/www/adminrevista/inc/functions.inc.php on line 256

Warning: Division by zero in /usr/home/pubmodusvivendi/www/adminrevista/inc/functions.inc.php on line 256

Warning: Division by zero in /usr/home/pubmodusvivendi/www/adminrevista/inc/functions.inc.php on line 256
Engadir comentario
Nome:
E-mail: (opcional)

Emoticons:

smile wink wassat tongue laughing sad angry crying 

| Non lembrar

Máis Literatura


▫ ▪ ▫ ▪ move informa, 06 /11 /2009

▫ ▪ ▫ ▪ Feira do libro de Ourense, 27 /05 /2009

▫ ▪ ▫ ▪ Alberte Momán : A crise irredutible, 17 /05 /2009

▫ ▪ ▫ ▪ move informa, 26 /03 /2009

▫ ▪ ▫ ▪ A puta de Babilonia por Carmen Blanco, 09 /03 /2009

Artigos por Seccions

Seccions No. artigos
música 4
audiovisuais 3
arte 4
teatro 4
literatura 8
opinión 16

 

 
www.pubmodusvivendi.net www.pubmodusvivendi.net | ©2006 pub modus vivendi · praza feixoo, santiago de compostela, galiza | e-mail | aviso legal | deseño web: Amplitud-e