Estamos nunhas datas nas que vivimos un auténtico “revival” soul con centos de nomes que están reelaborando unha nova estética e uns novos xeitos de expresión. Isto non aparece de xeito casual. Detrás de todos estes nomes (Amy Winehouse, Duffy, Anthony Hamilton, Rashaan Patterson,...) hai unha historia e unha tradición musical moi asentada. Para case todos eles as igrexas foron os seus primeiros centros de estudios musicais e dunha precoz formación vocal. Pero despois de percorrer centos de clubes para completa-la súa aprendizaxe, o obxetivo de calquer músico é chegar a un estudio de gravación.
E este é o obxeto da nosa efeméride. Si no pasado 2008 se celebraron os 50 anos da fundación do selo sureño Stax, neste 2009 cumpliranse os 50 anos do nacemento da primeira compañía moderna de pop. Tamla Records naceu para cubrir certas necesidades dunha parte da poboación negra que estaba comezando a desenrrolarse económicamente. Berry Gordy era un deses traballadores da industria do automóvil en Detroit. Pero a súa paixón era a música. Xa compuxera algúns temas para Jackie Wilson e para The Matadors (logo coñecidos como The Miracles) cando o 12 de Xaneiro de 1959 fundou a Tamla Records, compañía que logo se fusionaría co seu segundo proxecto, Motown Records. 
A novidade nesta compañía foi o xeito de producción. Definíu o seu equipo de traballo, no que diferenciou claramente entre intérpretes solistas, músicos, compositores e productores musicais. E os éxitos chegaron de inmediato. O mesmo ano de apertura gravouse a canción “Money”de Barret Strong. Dous anos despois chegarían “Shop Around”, de The Miracles, que chegou ó número 1 nas listas de R&Blues, e por fin “Please Mr. Postman”, das Marvelettes, que foi directamente ó número 1 das listas pop.
Ó longo dos anos 60, a Motown conseguiría 110 números 1 nas listas pop. Todo un éxito para unha pequena compañía de Detroit fundada con só 800 dólares prestados e que levou a música negra a tódolos fogares dos U.S.A. Un éxito que fixo realidade o soño de Berry Gordy e que imprimíu na fachada dos estudios Hitsville U.S.A.: a compañía que fai o “Son da Xoven América”.
|