En Nova York pódese escoitar musica en directo todos os días da semana dende as 8pm á 1am. Se vos achegades a un dos locais máis famosos de Manhattan como, por exemplo, Pianos (www.pianosnyc.com) ou Mercury Lounge (www.mercuryloungenyc.com) podedes comprobar como as bandas se suceden cada hora sen parar, nunha maraña de cables, "amplis" e probas de son de dez minutos. Isto, que para os fans é probablemente o mellor dos panoramas posibles, pon as cousas moi complicadas para as bandas que empezan, ás que lles é moi difícil atopar un espacio. Por isto mesmo, e sendo esta a miña primeira colaboración coa revista Move dende Nova York, pensei que o mais interesante era falarvos dunha banda que en seis meses atópase xa nun plano destacado do panorama "indie" neoyorkino e que ademais está liderada por un galego.
WIP (work in progress) é unha banda formada por Cesar F. (A Coruña), Benjamin (Francia) e Mooki Wu (Taiwan). Os sons e as melodías de WIP baséanse moito máis no baixo que na guitarra, que en moitas ocasións escóitase dobrada en "loops" creando orixinais texturas musicais como en Ghost Horses. Están agora a gravar o seu primeiro EP sen axuda de discográficas e podes escoitalos en castelán (Detrás de un cristal) e máis en inglés (Jesse). Bótalles unha ollada en www.myspace.com/wipbandsite e máis en www.sonicbids.com/WIP.
|