Nota de Adega
opinión
|
|
|
Anulado o plano do bipartito con sentenza que ainda non é firme, pendiente de casación desexamos facer chegar a seguinte mensaxe aos representantes da Xunta de Galiza mais directamente implicados na problemática da costa:
Conselleria de Medio Ambiente e Conselleria do Mar.
Na sentenza fica claro que ambos planos eran deficientes, en cuanto a forma e en cuanto a contido.
Nesta mesma Sentenza faise mención a defectos graves no Plano de tecnoloxia Alimentar aprovado polo Consello da Xunta en Xuño de 2005 estando esta en Funcions despois da eleizons na altura, por non ter en conta a lexislación en materia de Medio Ambiente ao obviar o requisito de Declaración de Impacto para a sua aprovación, e non considerar preservados os espazos protexidos ambientalmente como LICs Rede Natura e outros.
Son casos significativos Rinlo en que a non consideración de preservar a Rede Natura fai que esté pendiente de sentenza firme , mas recoñecido como caso juris polo tribunal, e tamén Quilmas , pola ameaza da ampliación da Piscifactoria que existe alí. Neste último caso a ampliación choca frontalmente cós intereses dos veciños da zona que está asociados nunha Cooperativa de Produción Agroecoloxica, chamada Rainha Lupa, debidamente constituida e regulada polas leis vixentes e cuxos terrenos ocuparia a ampliación.
Polo tanto , como ecoloxistas e como cidadans galegos, DEMANDAMOS:
* Respecto para as leis ambientais que preservan zonas de especial protección como Rede Natura e outras.
* Cumprimento da lexislación polas Plantas de acuicultura que están instaladas na actualidade, pois contaminan as augas costeiras cós seus vertidos, (a maioria non ten permiso de vertidos e non se lles esixe, deixándoas funcionar nesa ilegalidade)como demostrou repetidamente ADEGA com analises feitos por organismos competentes e que achegamos ás autoridades no seu momento(Direción Xeral Augas de Galicia, Conselleria de Pesca e Asuntos Maritimos, e Conselleria de Medio Ambiente da anterior Xunta).
*Respeto pola vontade e os dereitos dos habitantes ribeiriños que non desexan ter un axente contaminante nas proximidades das suas vivendas . Contaminación de ruido e química , como foi demostrado no caso de Quilmas, feito denunciado repetidamente pola Cooperativa de Produción Agroecoloxica Rainha Lupa, com vertidos sobre terrenos de labor que produciron estragos na colleita do trigo e vertidos nas augas ribeiriñas que deterioran a riqueza mariña da zona.
* Desde ADEGA estamos dispostos a defender o noso ambiente ,tanto terrestre como mariño, e os postos de traballo dependentes do mar e do agro, mediante todas as accions legais a que tivesemos que acudir.
*Demandamos que os principios de desenvolvimento sustentavel sexan os que rixan as acións que conduzan a industrialización , tanto da costa como do agro para construirmos , entre todos unha Galiza na que podan vivir os nosos descendentes como vivimos nos agora.
*Reclamamos a solidariedade coas xentes do mar que viven da explotación da pesca de baixura e do marisqueo e que precisan augas limpas para seren productivas e conserven os seus traballos.
*Reclamamos un trato igualitario para as xentes da ribeira com o das piscifactorias e outras industrias que podem contaminar sen seren punidas, como é preceptivo nun estado de dereito.
. Polo noso mar, pola nosa paisaxe pola nosa saude ,e as nosas xentes. Por un mar limpo e un litoral sano, sen cemento, plásticos nen vertidos. Pola pesca e o marisqueo artesanal, polo turismo, a paisaxe e a cultura mariñeira. Polo emprego digno e o futuro que merecemos nós e os nosos fillos e fillas. E logo, sempre como complemento, podería ter cabida unha acuicultura de pequenas plantas, dimensionadas e lonxe dos espazos protexidos e da costa con máis recursos, con depuración integral e xestionadas polas poboacións locais, tal e como recomenda a FAO.
Finalmente, facemos un chamado urxente á sociedade galega para que Touriñán non volva a ser outro cabo Vilán e para que na nosa costa non se repita o que está a acontecer en Moçambique ou Nicaragua. Diante desta nova desfeita anunciada, as plataformas en defensa do litoral sairemos solidariamente á rúa a defender costa e o mar, alén de continuar coas accións xudiciais, administrativas e sociais precisas para evitar esta barbarie.
|
|
|
Warning: Division by zero in /usr/home/pubmodusvivendi/www/adminrevista/inc/functions.inc.php on line 256
Warning: Division by zero in /usr/home/pubmodusvivendi/www/adminrevista/inc/functions.inc.php on line 256
Warning: Division by zero in /usr/home/pubmodusvivendi/www/adminrevista/inc/functions.inc.php on line 256
Warning: Division by zero in /usr/home/pubmodusvivendi/www/adminrevista/inc/functions.inc.php on line 256
Warning: Division by zero in /usr/home/pubmodusvivendi/www/adminrevista/inc/functions.inc.php on line 256
Warning: Division by zero in /usr/home/pubmodusvivendi/www/adminrevista/inc/functions.inc.php on line 256
Warning: Division by zero in /usr/home/pubmodusvivendi/www/adminrevista/inc/functions.inc.php on line 256
Warning: Division by zero in /usr/home/pubmodusvivendi/www/adminrevista/inc/functions.inc.php on line 256
|
|