Move: revista do Pub Modus Vivendi

revista independente do modus vivendi

   06

   move : revista cultural
              opinión

   inicio

música

  audiovisuais

arte

teatro

literatura

   opinión

 
  revista move
    portada
    arquivo
    pesquisa rápida
      exprésate con nos
  barra de menus  

pub modus vivendi
axenda
concursos
prensa
álbum fotos
libro de visitas
ligazons
contacto

       
      lista de novidades
 
 

 move opinión

OPINIONS DUNHA PROFESORA por Adela Figueroa
opinión
Comecei a dar clases o ano 71. Desde o ano 74 as miñas clases foron leccionadas en idioma galego. Eu puña clases de Bioloxía , Xeoloxia e tamén o relativo as Ciencias
Ambientais e da Saúde.
Durante os 38 anos da miña profesión nunca tiven calquera problema cos/as estudantes por causa do idioma.
O espírito que me inspiraba para leccionar en galego está baseado en que a educación non consiste , só, en sabermos moitas cousas, mais en sabermos utilizar os nosos coñecementos nos distintos ambientes en que nos encontremos. En adquirir seguranza en nos mesmas/os para sabermos defender as nosas ideas e a nosa escala de valores. En que ninguén debe permitir ser desrespeitado por ser home ou muller, negro ou branco, galego ou español, indio ou europeo, etc. Porque a educación ten moitísimo a ver coa formación da personalidade dos educandos.
En Galiza temos, de vello, a experiencia (triste) de constatar a ausencia , nas nosas clases, de calquera referente ao noso entorno. Isto visto no máis amplo concepto. Tanto que se refira a historia , filosofía ou Ciencias, o elemento referenciado do mundo en que vivimos estivo sempre ausente do mundo académico
Para conhecérmo-nos como pobo tivemos que facer esforzos extra, pois nada referente a nos aparecía nos textos con que se construía a nosa sabedoría académica. Nada noso de historia, nin Ciencias da Natureza. Cantos/as galegas/os saben, polas clases, o que é unha bouza, unha chousa , unha braña, ou gándara , unha fervenza , un seixo,e as súas implicações ecolóxicas?. Cantas/os aprenderan no colexio algo acerca das características dos materiais xeolóxicos que forman o soallo da nosa terra?. Cantas coñecen a algún/nha científica galega/o .

A educación , en Galiza consistiu , de preferencia ,en desestruturar a nosa vinculação con nos mesmos, desvalorizando aquelas das nosas características que valesen para reconhecérmonos como pobo diferenciado. Nos libros de texto de moitas xeracións nada acontecía acá. Todo viña de fóra. Incluso a lingua. A nosa non valía , estaba desvalorizada. Era unha educación dirixida a crear e cultivar o auto odio .
Moitos mestres e profesoras/es en xeral , pretendemos cambiar esta orde. Tentamos que os nosos estudantes adquirisen, non só nun bo coñecemento das Ciencias ou Letras, mais tamén un bo concepto de si propios. E non só: tamén unha boa opinión e respecto das súas nais e pais e do pobo ao que pertencen.

Ese pobo , no caso galego , creou unha lingua para expresar as súas magoas e alegrías, para nomear os fenómenos naturais da súa contorna, para diferenciar cada recanto,aldea ou pedras do noso país. Somos o pobo dos mil e mil de topónimos. Cada pedazo desta Terra ten nome, o que lle deran os seus habitantes ao falaren na nosa fermosa lingua.
Estando Franco vivo eu puiden dar as miñas clases en galego, agora parece que , por unha pretendida e falseada liberdade iso é posto en dúbida.
Os primeiros anos da Democracia asistimos a unha renovación en materia de ensino. Recomendacións de distintas estamentos autorizados aconsellaban cultivar e fomentar as linguas propias de cada país apoiando as diferencias culturais e combatendo así a uniformización que é apoiada polos potentes medios de comunicación . A uniformización é importante para os fortes lobbys económicos que visan eliminar a independencia de criterios e o espírito crítico.
Desde A Unión Europea xa foron feitas fortes críticas a administración galega polo abandono a que tiña sometida a lingua, xunto con indicacións para favorecer a súa recuperación
Como foi dito máis enriba, non foi por capricho nin frivolidade que tantos ensinantes arriscásemos sermos sancionadas/os en tempos da Ditadura, e investísemos moito do noso tempo en elaborarmos documentación , léxico, e metodologias diferenciadas “axeitadas a nosa realidade”. A nosa tarefa estaba implícita no propio concepto de educación como proceso integrado ,conducente a formar cidadáns respectuosos co seu entorno e curiosos respecto á cultura. Cidadáns para unha sociedade democrática . O que eu vexo nestas enquisas que se van pasar aos pais e nais dos alunos e que se din previas a unha toma de decisión acerca da lingua en que se deben leccionar as clases é unha burla ao propio concepto de democracia e ao de educación . Baixo un pretendido dereito de elección agóchase a intención de acabar coa nosa lingua como o elemento diferenciador . A lingua galega está en risco . É obriga da administración apóiala e non ataca la. Pór todo o que estea na súa man para promociona-la e compensar así a tendencia para a uniformidade e a perda cultural que domina o mundo actual e que representa o abandono do noso propio idioma.
▫ ▪ ▫ ▪ ▪ ▫
Escrito por modus vivendi, o Mércores, 17 de Xuño 2009
Voltar

Imprimir esta páxina imprimir   |   enviar a un amigoRecomendar artigo a un amigo/a


Warning: Division by zero in /usr/home/pubmodusvivendi/www/adminrevista/inc/functions.inc.php on line 256

Warning: Division by zero in /usr/home/pubmodusvivendi/www/adminrevista/inc/functions.inc.php on line 256

Warning: Division by zero in /usr/home/pubmodusvivendi/www/adminrevista/inc/functions.inc.php on line 256

Warning: Division by zero in /usr/home/pubmodusvivendi/www/adminrevista/inc/functions.inc.php on line 256

Warning: Division by zero in /usr/home/pubmodusvivendi/www/adminrevista/inc/functions.inc.php on line 256

Warning: Division by zero in /usr/home/pubmodusvivendi/www/adminrevista/inc/functions.inc.php on line 256

Warning: Division by zero in /usr/home/pubmodusvivendi/www/adminrevista/inc/functions.inc.php on line 256

Warning: Division by zero in /usr/home/pubmodusvivendi/www/adminrevista/inc/functions.inc.php on line 256
Engadir comentario
Nome:
E-mail: (opcional)

Emoticons:

smile wink wassat tongue laughing sad angry crying 

| Non lembrar

Máis Opinión


▫ ▪ ▫ ▪ move informa, 06 /11 /2009

▫ ▪ ▫ ▪ Nota de Adega, 02 /09 /2009

▫ ▪ ▫ ▪ OS NOSOS RIOS NON VAN AO MAR LEVAN AOS BULSOS DO GRAN CAPITAL por Adela Figueroa , 23 /08 /2009

▫ ▪ ▫ ▪ CARTA ABERTA A JOSÉ BLANCO MINISTRO DE FOMENTO.Lugo reclama o seu tren por Adela Figueroa Panisse, 23 /06 /2009

▫ ▪ ▫ ▪ OPINIONS DUNHA PROFESORA por Adela Figueroa , 17 /06 /2009

Artigos por Seccions

Seccions No. artigos
música 4
audiovisuais 3
arte 4
teatro 4
literatura 8
opinión 16

 

 
www.pubmodusvivendi.net www.pubmodusvivendi.net | ©2006 pub modus vivendi · praza feixoo, santiago de compostela, galiza | e-mail | aviso legal | deseño web: Amplitud-e