Move: revista do Pub Modus Vivendi

revista independente do modus vivendi

   06

   move : revista cultural
              opinión

   inicio

música

  audiovisuais

arte

teatro

literatura

   opinión

  revista move
    portada
    arquivo
    pesquisa rápida
      exprésate con nos
  barra de menus  

pub modus vivendi
axenda
concursos
prensa
álbum fotos
libro de visitas
ligazons
contacto

      lista de novidades
 
 move opinión

CARTA ABERTA A JOSÉ BLANCO MINISTRO DE FOMENTO.Lugo reclama o seu tren por Adela Figueroa Panisse
opinión
Muitas son as necesidades desta Provincia de Lugo , mas , entre todas destacaríamos o esquecemento que se tem ten dado , ao longo de todos os tempos , das suas comunicacións por tren. Tamén a constante perda de servicios que se vai efectivando ultimamente (Lugo-Barcelona, Lugo-Madrid, ou Lugo-Coruña) 

Desde hai xá tempo ADEGA , xunto com outros colectivos, como o Colexio de Arquitectos de Lugo , e as Asociacions Veciñais, veñen reclamando unha liña férrea que una a Capital com Santiago de Compostela, (Lugo é a única das capitais galegas que non tem este servicio), com parada em Lavacolla, e tamén unha liña que uma a Capital com a sua costa , A Mariña Lucense. Fixeranse xá numerosos actos em que se deran argumentos dabondo para apoiar esta proposta, que foi aprovada nun Pleno do Concello e tamén da Diputación provincial. 

Citamos as Xornadas do Transporte organizadas por ADEGA e celebradas na Cámara de Comercio de Lugo em 2007, ou o Foro a favor do Tren ADEGA-Colexio de Arquitectos de Lugo em 2009. As conclusions de ambos eventos foram enviadas a todos os estamentos de poder, incluído a Alcaldia e mais a Deputación de Lugo . Nestas demóstrase como a posta em servicio de liñas de perto e proximidade poderia ser implementada xá sem muito custo, aproveitando a infraestructura existente (Lugo-Monforte,Lugo-Ourense,Milloras na liña Lugo-Coruña, ou Lugo-Ferrol) 

Os estudos económicos destas propostas podem ser consultados nas paxinas de ADEGA (WWW.adega.info) onde se pode comprobar a sua viavilidade. 

ADEGA se tem comprometida nesta luita social, por que o Camiño de Ferro é o transporte mais ecolóxico, barato e seguro de todos. Pode convinar mercadorias com pasaxeiros abaratando os custos. Tem muitos menos acidentes que os tranportes por estrada e non se vê bloqueado por alteracións climátoloxicas, como vimos este inverno nas autoestradas. 

O Governo Bipartito tiña aprovada a creación do “ENTE FERROVIARIO GALEGO” . , que polo que sei nom concretizou nem em orde nem orzamento. 

Vemos , num estudo recente, que na proposta para os convoios de mercadorias para Europa Galiza volta ser a grande esquecida. Este ministro Lugués , que procura as simpatias dos galegos, e dos seus veciños xuvenís ,deberia de corrixir estas eivas que se podem ir facendo xa sem grande esforzo orzamentario , pero que mellorarian enormemente as nosas vidas. E digo bem , porque os acidentes por estrada son graves em Galiza. O Camiño de Ferro é muito mais seguro que outro cualquer transporte.

▫ ▪ ▫ ▪ ▪ ▫
Escrito por modus vivendi, o Martes, 23 de Xuño 2009
Voltar

Imprimir esta páxina imprimir   |   enviar a un amigoRecomendar artigo a un amigo/a

Warning: Division by zero in /usr/home/pubmodusvivendi/www/adminrevista/inc/functions.inc.php on line 256

Engadir comentario
Nome:
E-mail: (opcional)

Emoticons:

smile wink wassat tongue laughing sad angry crying 

| Non lembrar

Máis Opinión

▫ ▪ ▫ ▪ move informa, 06 /11 /2009

▫ ▪ ▫ ▪ Nota de Adega, 02 /09 /2009

▫ ▪ ▫ ▪ OS NOSOS RIOS NON VAN AO MAR LEVAN AOS BULSOS DO GRAN CAPITAL por Adela Figueroa , 23 /08 /2009

▫ ▪ ▫ ▪ CARTA ABERTA A JOSÉ BLANCO MINISTRO DE FOMENTO.Lugo reclama o seu tren por Adela Figueroa Panisse, 23 /06 /2009

▫ ▪ ▫ ▪ OPINIONS DUNHA PROFESORA por Adela Figueroa , 17 /06 /2009

Artigos por Seccions

Seccions No. artigos
música 4
audiovisuais 3
arte 4
teatro 4
literatura 8
opinión 16

www.pubmodusvivendi.net www.pubmodusvivendi.net | ©2006 pub modus vivendi · praza feixoo, santiago de compostela, galiza | e-mail | aviso legal | deseño web: Amplitud-e