Move: revista do Pub Modus Vivendi

revista independente do modus vivendi

   04

   move : revista cultural
              teatro

   inicio

música

  audiovisuais

arte

teatro

literatura

   opinión

  revista move
    portada
    arquivo
    pesquisa rápida
      víveo con nos
  barra de menus  

pub modus vivendi
axenda
concursos
prensa
álbum fotos
libro de visitas
ligazons
contacto

      lista de novidades
 
 move teatro

Teatro imposible: primeira entrega por Toko.
teatro
TEATRO IMPOSIBLE EN TRES METAACTOS

(A)
Home na praia. Semella un profesor falando para a clase. Ao primeiro o público está no mar, semiafundido na auga; pouco despois, no lugar ocupado polos enormes acantilados que rodean a praia. O home fala todo o tempo; fala todo o tempo, e mentres: desenterra unha pataca da area; límpaa minuciosamente (vai ao mar por auga para lavala); sécaa coa súa camisola interior (longuísima); pélaa cunha navalla multiusos extremadamente pequena (córtase); come a pataca a dentadas grandes e ansiosas; remátaa e remata tamén o discurso cunha frase lapidaria mais fóra de contexto; dá media volta e métese no mar ata desaparecer baixo a auga. O público o segue, tamén ata desaparecer. Silencio (só o mar). PANO.

(B)
Rapaza morena de pelo curto, ao Adriana Calcanhotto. Na mesma praia. O público no mar. A rapaza leva calzado de bailarina, pero o resto da roupa non concorda (medias de reixa e gabardina); avanza a pasos pequenos e cos pés para dentro. Entra no mar e vístese coa escuma: sae cun tutú elástico e baila na praia. Cansa rápido. Vai arrincando as roupas camiño outra vez das ondas. O público, coma a outra vez (non o dixera) retírase cara atrás para deixar sitio á muller para mergullarse. Sae con outra roupa diferente. Baila. Cansa. Racha. Volta ao mar. Sae núa e baila unha danza minimal ao Lia Rodrigues. Convértese pouco a pouco en pedra. O público sae voando para deixala soa coa natureza (por respecto), mentres a seguen a mirar (o que nunha cámara resultaría un zoom invertido, correspondente coa dirección e velocidade que levan). Finalmente vese o mar achegándose de vagar á rocha-muller. Silencio. PANO.

(C)
Ábrese o pano. Vese o mar dende os altos acantilados. A mesma praia. Vai subindo a marea. Máis e máis. Petan as ondas contra o acantilado, máis e máis forte. Comezan a ser visibles desde o alto, coma se puidesen trepar centos de metros cunha enerxía inesgotable. Cae o pano (de veludo vermello) polas arremetidas do océano e é engulido polo mar, a bocados grandes coma ondas. Fin. (PANO?)
▫ ▪ ▫ ▪ ▪ ▫
Escrito por modus vivendi, o Mércores, 28 de Xaneiro 2009
Voltar

Imprimir esta páxina imprimir   |   enviar a un amigoRecomendar artigo a un amigo/a

Warning: Division by zero in /usr/home/pubmodusvivendi/www/adminrevista/inc/functions.inc.php on line 256

Engadir comentario
Nome:
E-mail: (opcional)

Emoticons:

smile wink wassat tongue laughing sad angry crying 

| Non lembrar

Máis Teatro

▫ ▪ ▫ ▪ move informa, 06 /11 /2009

▫ ▪ ▫ ▪ O cerco de Vilanova por Isaac Ferreira, 28 /01 /2009

▫ ▪ ▫ ▪ Efemérides 1972: Estrea en Broadway do musical Grease, 28 /01 /2009

▫ ▪ ▫ ▪ Nexus 6 por Branca Novoneyra, 28 /01 /2009

▫ ▪ ▫ ▪ Teatro imposible: primeira entrega por Toko., 28 /01 /2009

Artigos por Seccions

Seccions No. artigos
música 4
audiovisuais 3
arte 4
teatro 4
literatura 8
opinión 16

www.pubmodusvivendi.net www.pubmodusvivendi.net | ©2006 pub modus vivendi · praza feixoo, santiago de compostela, galiza | e-mail | aviso legal | deseño web: Amplitud-e